xoves, 30 de maio de 2019

ALGAS DESHIDRATADAS

Xa temos en Zocamiñoca as algas deshidratadas  de Portomuiños moi preparadiñas para que nos animemos a experimentar cos seus sabores a mar, salitre, verán......


Na cociña con algas é importante utilizar cantidades moi pequenas  pois son un alimento moi concentrado tanto en nutrientes como en sabor 

As algas deshidratadas aumentan o seu peso cando se hidratan. Debemos hidratalas en auga fría con un pouquiño de sal. Esta auga pódese utilizar para cociñar. Cando cociñamos unha receita con abundante auga, como guisos ou sopas, non é necesario hidratar previamente.

Aquí vai información de canto aumenta o seu peso ao hidratar, o tempo de hidratación para que recuperen a súa textura e o tempo de cocción de cada tipo de alga

Neste enlace podedes ver a información de Portomuiños e non vos perdades o apartado cocinar con algas, con un montón de receitas

http://www.portomuinos.com/portomuinos_historia.php


sábado, 25 de maio de 2019

ZOCAMIÑOCA VISITA "AVÍCOLA JOBE"

           O pasado 11 de abril recibiunos na súa granxa José  Angel, con quen  compartimos unha agradable xornada aprendendo un montón de cousas interesantes  dos ovos e das galiñas.


 E tamén puidemos coñecer a fondo  o seu proxecto agroecolóxico no que cada pequeno detalle está pensado coa  filosofía  de que o produto ecolóxico  poida estar ao alcance de todos. Así é que con moita sabedoría, enxeño e traballo, José Angel consegue ofrecernos un produto de calidade a un prezo moi razoable.



 A situación da granxa é privilexiada, nun fermoso val entre Sobrado e Teixeiro.


 Ten unha nave para as galiñas, cos poñedoiros ,e unha extensión ao redor, na que vai  rotando as parcelas de maneira que as galiñas saen “ao recreo” sempre no campo que ten herba.



Contounos moitos dos seus "truquiños" para ter unhas galiñas tan ben educadas, como o de poñer o radio para que non o escoiten chegar e se tropiquen por saír as primeiras, ou o "ovo de xoguete" co que collen o hábito de facer a posta no poñedoiro.


Mais aló, vemos os campos onde cultiva el mesmo o millo e o trigo ecolóxico, que aboa co esterco das galiñas, ¡aquí nada se desperdicia!  A metade da alimentación que toman prodúcese na mesma granxa, e quere chegar ao 100% para autoabastecerse. O penso ecolóxico co que complementa a súa alimentación é da composición que el elixe para que a dieta das galiñas sexa balanceada.



    Tamén estivemos nos seus alpendres onde garda a maquinaria agrícola e todas as ferramentas.



Aquí vemos o seu obrador,onde clasifica, sela e almacena os ovos....


Encantounos o seu  particular “megahórreo”  que adaptou para gardar  o millo, do que fora anteriormente unha nave para coellos.















E o que nos quedou moi claro, é que non todos os ovos son iguais....mirade o que pon a galiña que el chama cariñosamente  "A Artista"....¡isto si que é ter talento! ¿Contaxiaríallo o seu dono?





martes, 12 de marzo de 2019

PRODUTORAS COSMÉTICA

Benvidas a todas de novo a este blog!


Hoxe nesta entrada imos falar de dúas produtoras especializadas en cosmética de Zocamiñoca: a xa habitual Naturavia e a nosa nova produtora, ArGaia. 


NATURAVIA 



Naturavia foi creada por Carla e Pepe en 2009. Ela, unha bióloga nuclear, él, profesor de formación vial. Comezaron a formarse no mundo das plantas mediciñais e cosmética e emprenderon este proxecto en Ribadavia.  

Este proxecto presenta produtos de diversos tipos, como aceites, tónicos faciais, e cremas para todo tipos de peles.

Similar á nosa cooperativa afirman que non son unha empresa, son un estilo de vida. Atopan na natureza unha forma de vivir e de inspiración xuntándoo co obxectivo de buscar o equilibrio natural da pel. As súas principais materias primas son o romero, menta, lavanda e aceites esenciais. 


Recálcase a alta calidade garantizada desta produtora, xa que axústanse aos requisitos da Normativa Europea para a Correcta Fabricación de Productos Cosméticos. Naturavia é un fabricante cosmético autorizado pola "Agencia Española del Medicamento". Está certificado tamén por unha entidade internacional e independente que avala que a elaboración dos produtos se realice seguindo a Norma de Fabricación Sostenible y Ecológica BioVidaSana. 


Deixamos aquí a súa páxina web por se quereres máis información! 

https://www.naturaviacosmetica.com/es/ 


ARGAIA

ArGaia é a seguinte produtora da que imos falar. É un proxecto de cosmética ecolóxica e ecotenda na Mariña de Lugo (Burela).

O proxecto está a potenciar o cultivo propio de plantas e é levado por dúas rapazas: Estefanía e Pamela (química especializada na cosmética, no laboratorio e no cultivo de prantas)

No catálogo que adxuntamos obsérvase que hai unha gran variedad de produtos  de boa calidade e con texturas moi profesionais, o cal non será problema para as peles mais sensibles ou con diversas complicacións.

En todo caso, aquí, na súa páxina web, tedes máis información:https://www.argaiacosmeticaecologica.com/

Coma información adicional deixamos o enlace ao programa Cos pes na terra da TVG,  co-protagonizada por esta produtora onde se conta o seu proxecto para  que poidades faceros máis á idea:



Así que xa sabedes, estas dúas produtoras son o exemplo perfeto de que o coidado da pel non ten porqué estar reñido con utilizar elementos naturais!







luns, 8 de outubro de 2018

INFORMACIÓN DAS CONSERVAS "PAN DO MAR"

Compartimos aquí, con un pouco de retraso, a información que nos envían os nosos produtores de conservas Pan do Mar explicando a subida dos prezos

Gustounos que tiveran a iniciativa de nos ofrecer esta explicación, e apoiamos o seu traballo e maneira de entender a pesca sostible.

luns, 9 de xullo de 2018

OS NOSOS LABREGOS

Chegan cada semana co seu rebumbio de cores, olores e sabores e enchen o noso lugar favorito, o recuncho das verduras. Traen vitaminas para os nosos corpos e vitalidade para Zoca.
 Moitas os coñecemos ben, outras se cadra non tanto. Pero todas levámonos na cesta anaquiños do seu esforzo, das súas ilusións e das dificultades do seu traballo que sabemos que non é doado. Son Peio da Horta do Sacho, Marta e Víctor de Millo e Landras, os de Rainha Lupa de Quilmas, Jorge Zas de Paderne e Mauro de Ecolleita.



Eles tráennos os produtos de proximidade e xuntos promovemos un medio rural e agrario máis ecolóxico e xusto.

JORGE hortaliZAS
Aquí van unhas fotos da miña horta:



mércores, 11 de abril de 2018

CERVEXA ALÉ ALÉ

Xa temos no local a  cervexa ALEALÉ, que algúns xa coñeceredes do obradoiro de elaboración de cervexa artesá que nos ofrecera Marta. Aquí ela mesma nos conta un montón de cousas  moi interesantes do seu proxecto:


Cómo xurde AleAlé? Tempos de Matusalén.

Hai uns oito anos un grupo de xoves de espírito hippie revolucionario comezou a facer cervexa nunha vella masía en Cataluña. Tamén cultivaban verduras para autoconsumo e mais para algúns grupos de consumidores/as locais, practicaban a apicultura, facían pan en forno de leña, actividades doutra índole...moita xuventude!! ;P


Alí tiveron a sorte de ser asesorados/as por Steve Huxley, un erudito, tolo e apaisoado cervexeiro que practicaba a culturacopyleftalí onde ía, de xeito que puideron profundizar na materia.


Cando este proxecto remata, varias das persoas que formaban parte do proxecto inician aventuras de autoprodución en diferentes lugares da xeografía española. AleAlé é unha delas.


¿Por qué contamos isto?Pois porque o espírito do proxecto hérdase en parte desta experiencia, e xurde de apostar por un modelo localista, de curiosidade porcómo funcionan as cousase de respeto polo entorno e pola autonomía das persoas.




Qué facemos agora?


Cando nos instalamos en Uxes construimos un espacio de traballo no baixo da nosa propia vivenda, onde levamos a cabo obradoiros, elaboramos receitas, e poñemos a proba un equipo de cervexa deseñado e producido por nós, que estamos a piques de rematar.


Paulatinamente fomos profesionalizándonos, no sentido de adquirir un coñecemento e formación mais estrictos dos procesos de elaboración, da selección de materia prima, da maquinaria ou ferramentas e en canto á eficiencia dos métodos de traballo.


Actualmente temos un acordo con Héctor de cervexas Belecker, no Bierzo. Isto permétenos empregar o seu equipo á hora de dar saída provisionalmente ás nosas producións, o que constitúe un apoio tamén á súa actividade.


Actualmente facemos coccións de 900 litros prácticamente ao ritmo da demanda, de xeito que o produto mantense sempre nas mellores condicións.


Algo mais que borrach@s. Os nosos eixos de traballo:


AleAlé é un proxecto con catro eixos de traballo en torno á producción e venta de cervexa:


- Creación de vínculos entre medio rural e o medio urbano:


Levamos a cabo a nosa actividade cun pe no rural e outro na cidade. Gústanos a idea de encher de vida as vilas e aproveitar o coñecemento e recursos que estas ofrecen, ainda que precisemos dos núcleos urbáns para desenrolar a nosa actividade.


O uso do noso actual local foi posible gracias á rehabilitación dunhas antigas cadras e unha carpintería vella fronte a Estación de Tren de Uxes. Foi un traballo de dous anos, aproveitando os recursos aportados por veciños/as e amigos/as, outros froito de intercambios, e outros mercados.


Hoxe temos un espazo a disposición de quen o precise. Este pe na vila permétenos aproveitar os subprodutos das coccións para alimentación animal (por agora só de pequenas tiradas), relacionarnos cos veciños/as apoiando as súas iniciativas e eles as nosas, ou compartindo recursos con eles. A asociación de veciños de Uxes ten previsto instalar o seu propio