Amosando publicacións coa etiqueta marmeladas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta marmeladas. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de febreiro de 2017

MARMELADAS DE CARABUÑAS


Xa levabamos tempo detrás das marmeladas de Carabuñas  e por fin témolas no local.
Nelson, de Carabuñas,  dinos que a marmelada de sabugueiro é a que máis éxito ten, e tamén a que máis os caracteriza.
A de sabugueiro con laranxa amarga dálle un toque moi interesante.
E para os mais larpeiros, está  a de sabugueiro con marmelo.
Aquí tedes o enlace á súa completísima  páxina, que fala do seu proxecto, das propiedades do sabugueiro e de todos os seus produtos. http://carabunhas.com/