xoves, 11 de maio de 2017

Próximamente poderemos disfrutar dos xeados ecolóxicos The Bio Factory


Elaborados en Galicia, con ingredientes km0 na súa maioría, xeados para todos os gustos e necesidades. Dende cremosos xeados de fruta ou chocolate sen lactosa, sen glute, sen graxas ou proteínas de orixe animal (veganos), ata xeados de crema de moitísimas variedades. Para que poidas disfrutar coidándote...


Dende A Coruña no seu obradoiro "A Factoría Ecolóxica" elaboran diariamente, con moito cariño, mediante procedementos artesanais e con ingredientes ecolóxicos, e na súa maioría locais, xeados de produción ecolóxica, certificados polo CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).







luns, 8 de maio de 2017

VISITA A ARQUEIXAL

Nunha das actividades desta finde zocamiñoqueira pola Ulloa organizada por Pancho, tivemos o gusto de visitar a granxa Arqueixal. Alí recibiunos José Luis, que nos abriu as portas da súa granxa, do seu faladoiro e dos seus proxectos.

Para os que non estivéchedes, este é Jose Luis , e falounos destas cousas:



E como levabamos unha chea de pequenos, José Luis fixoos protagonistas, e explicounos o proxecto Arqueixal co "xogo das 4 cuncas". Preparou catro cuncas das que utiliza para elaborar o queixo, con  herba fresca, sal, arxila e centeo que representan os catro piares do seu proxecto (a gandairía ecolóxica, a elaboración do queixo,a  bioconstrucción e a experiencia do rural)




Repartiunas entre os rapaces cos seus respectivos pergaminos  e.....¡mirade canto aprendimos!



Tamén falounos de Son d´aldea, actividade dinamizadora da cultura do rural que levan uns anos facendo na Ulloa
 http://sondaldea.galiciasustentable.org/

Especialmente emotivo foi cando nos mostrou un fermoso video en homenaxe a súa nai, da que tanto aprendeu, no que se mostraba como ela preparaba o queixo.

 

E antes de marchar, aínda tivemos que axudar a gardar as vacas....





(Unha reprimenda para o cámara, que titulou o video "Zocaurbanitas no Far West", por non captar todo o traballo colaborativo que fixeron os do fondo.)


Deixamos aquí uns enlaces para que coñezades mellor o seu proxecto
  http://www.arqueixal.com/


E a súa granxa
  http://www.arqueixal.com/filosofia.htm