martes, 12 de marzo de 2019

PRODUTORAS COSMÉTICA

Benvidas a todas de novo a este blog!


Hoxe nesta entrada imos falar de dúas produtoras especializadas en cosmética de Zocamiñoca: a xa habitual Naturavia e a nosa nova produtora, ArGaia. 


NATURAVIA 



Naturavia foi creada por Carla e Pepe en 2009. Ela, unha bióloga nuclear, él, profesor de formación vial. Comezaron a formarse no mundo das plantas mediciñais e cosmética e emprenderon este proxecto en Ribadavia.  

Este proxecto presenta produtos de diversos tipos, como aceites, tónicos faciais, e cremas para todo tipos de peles.

Similar á nosa cooperativa afirman que non son unha empresa, son un estilo de vida. Atopan na natureza unha forma de vivir e de inspiración xuntándoo co obxectivo de buscar o equilibrio natural da pel. As súas principais materias primas son o romero, menta, lavanda e aceites esenciais. 


Recálcase a alta calidade garantizada desta produtora, xa que axústanse aos requisitos da Normativa Europea para a Correcta Fabricación de Productos Cosméticos. Naturavia é un fabricante cosmético autorizado pola "Agencia Española del Medicamento". Está certificado tamén por unha entidade internacional e independente que avala que a elaboración dos produtos se realice seguindo a Norma de Fabricación Sostenible y Ecológica BioVidaSana. 


Deixamos aquí a súa páxina web por se quereres máis información! 

https://www.naturaviacosmetica.com/es/ 


ARGAIA

ArGaia é a seguinte produtora da que imos falar. É un proxecto de cosmética ecolóxica e ecotenda na Mariña de Lugo (Burela).

O proxecto está a potenciar o cultivo propio de plantas e é levado por dúas rapazas: Estefanía e Pamela (química especializada na cosmética, no laboratorio e no cultivo de prantas)

No catálogo que adxuntamos obsérvase que hai unha gran variedad de produtos  de boa calidade e con texturas moi profesionais, o cal non será problema para as peles mais sensibles ou con diversas complicacións.

En todo caso, aquí, na súa páxina web, tedes máis información:https://www.argaiacosmeticaecologica.com/

Coma información adicional deixamos o enlace ao programa Cos pes na terra da TVG,  co-protagonizada por esta produtora onde se conta o seu proxecto para  que poidades faceros máis á idea:



Así que xa sabedes, estas dúas produtoras son o exemplo perfeto de que o coidado da pel non ten porqué estar reñido con utilizar elementos naturais!