Compartimos aquí, con un pouco de retraso, a información que nos envían os nosos produtores de conservas Pan do Mar explicando a subida dos prezos
Gustounos que tiveran a iniciativa de nos ofrecer esta explicación, e apoiamos o seu traballo e maneira de entender a pesca sostible.
luns, 8 de outubro de 2018
luns, 9 de xullo de 2018
OS NOSOS LABREGOS
Chegan cada semana co seu rebumbio de cores, olores e sabores e enchen o noso lugar favorito, o recuncho das verduras. Traen vitaminas para os nosos corpos e vitalidade para Zoca.
Moitas os coñecemos ben, outras se cadra non tanto. Pero todas levámonos na cesta anaquiños do seu esforzo, das súas ilusións e das dificultades do seu traballo que sabemos que non é doado. Son Peio da Horta do Sacho, Marta e Víctor de Millo e Landras, os de Rainha Lupa de Quilmas, Jorge Zas de Paderne e Mauro de Ecolleita.
Eles tráennos os produtos de proximidade e xuntos promovemos un medio rural e agrario máis ecolóxico e xusto.
JORGE hortaliZAS
Aquí van unhas fotos da miña horta:

mércores, 11 de abril de 2018
CERVEXA ALÉ ALÉ
Xa temos no local a cervexa ALEALÉ, que algúns xa coñeceredes do obradoiro de elaboración de cervexa artesá que nos ofrecera Marta. Aquí ela mesma nos conta un montón de cousas moi interesantes do seu proxecto:
Cómo xurde AleAlé? Tempos de Matusalén.
Hai uns oito anos un grupo de xoves de espírito hippie revolucionario comezou a facer cervexa nunha vella masía en Cataluña. Tamén cultivaban verduras para autoconsumo e mais para algúns grupos de consumidores/as locais, practicaban a apicultura, facían pan en forno de leña, actividades doutra índole...moita xuventude!! ;P
Alí tiveron a sorte de ser asesorados/as por Steve Huxley, un erudito, tolo e apaisoado cervexeiro que practicaba a culturacopyleftalí onde ía, de xeito que puideron profundizar na materia.
Cando este proxecto remata, varias das persoas que formaban parte do proxecto inician aventuras de autoprodución en diferentes lugares da xeografía española. AleAlé é unha delas.
¿Por qué contamos isto?Pois porque o espírito do proxecto hérdase en parte desta experiencia, e xurde de apostar por un modelo localista, de curiosidade porcómo funcionan as cousase de respeto polo entorno e pola autonomía das persoas.
Qué facemos agora?
Cando nos instalamos en Uxes construimos un espacio de traballo no baixo da nosa propia vivenda, onde levamos a cabo obradoiros, elaboramos receitas, e poñemos a proba un equipo de cervexa deseñado e producido por nós, que estamos a piques de rematar.
Paulatinamente fomos profesionalizándonos, no sentido de adquirir un coñecemento e formación mais estrictos dos procesos de elaboración, da selección de materia prima, da maquinaria ou ferramentas e en canto á eficiencia dos métodos de traballo.
Actualmente temos un acordo con Héctor de cervexas Belecker, no Bierzo. Isto permétenos empregar o seu equipo á hora de dar saída provisionalmente ás nosas producións, o que constitúe un apoio tamén á súa actividade.
Actualmente facemos coccións de 900 litros prácticamente ao ritmo da demanda, de xeito que o produto mantense sempre nas mellores condicións.
Algo mais que borrach@s. Os nosos eixos de traballo:
AleAlé é un proxecto con catro eixos de traballo en torno á producción e venta de cervexa:
- Creación de vínculos entre medio rural e o medio urbano:
Levamos a cabo a nosa actividade cun pe no rural e outro na cidade. Gústanos a idea de encher de vida as vilas e aproveitar o coñecemento e recursos que estas ofrecen, ainda que precisemos dos núcleos urbáns para desenrolar a nosa actividade.
O uso do noso actual local foi posible gracias á rehabilitación dunhas antigas cadras e unha carpintería vella fronte a Estación de Tren de Uxes. Foi un traballo de dous anos, aproveitando os recursos aportados por veciños/as e amigos/as, outros froito de intercambios, e outros mercados.
Hoxe temos un espazo a disposición de quen o precise. Este pe na vila permétenos aproveitar os subprodutos das coccións para alimentación animal (por agora só de pequenas tiradas), relacionarnos cos veciños/as apoiando as súas iniciativas e eles as nosas, ou compartindo recursos con eles. A asociación de veciños de Uxes ten previsto instalar o seu propio

mércores, 14 de febreiro de 2018
Nova produtora de sal mariño ecolóxico.
Dende
hai uns meses pasamos por certos problemas co suministro de sal,
ocasión que se aproveitou para investigar máis opcións á hora de traer
este tipo de produto, pois non hai un só. Encargámonos, tras contactar
con diversos grupos de produtoras, de comparalos e escoller o que mellor
se axusta aos estándares da cooperativa: o sal mariño proporcionado
polo Grupo Salina San Vicente, que distribúe sal ecolóxico. Escolleuse
esta porque outras produtoras ou son do extranacionais, ou producía sal de interior (menos sá e nutritivo que o mariño)
En 2011 recoñéceselle como ao sal español máis antiga e tradicional, con menor contido en cloruro sódico e maior en micro e oligoelementos naturais (Mg, K, I, Ca, etc…). Prodúcese exclusivamente nas salinas tradicionais con artes non industriais. Cultivada á maneira tradicional, sen tratamentos químicos, sen anti- apelmazantes, proporciona oligoelementos á dieta como magnesio, calcio ou potasio. Ao conter menos cloruro sódico
que os sales non naturais, é menos salgada e máis saborosa.
Este sal mariño, contribúe con enormes beneficios ambientais aos espazos
naturais onde se produce. No vixente regulamento técnico sanitario ( RTS) publicado no Real Decreto 1634 do 14 de novembro e grazas á súa calidade, outórgaselle o apelido de “Virxe”.
Sal Mariño Virxe: É o sal procedente da evaporación natural da auga do mar, lavada só co mesmo auga que a produce.
É obtida exclusivamente pola acción do sol e do
vento, recollidas a man sen a adición de ningún ingrediente artificial.
Son sales menos salgadas, máis saborosas e máis saudables que os sales
de mina (incluída a do Himalaya) ou que as mariñas industriais. Son só comparables ao sal gris francés ou ao sal “tal-cal” portuguesa.
Porque si, hai moitas clases de sal! Fóra do
sal mariño tradicional, producido en covas salinas e sen ningún tipo de
procesamento, existe o sal Maldon e as escamas de sal, inda que a súa
produción non é nada ecolóxica. Tamén está o sal gris de Francia ou o
sal rosa das minas do
Himalaia. Inda así, coma xa dixemos, o sal mariño recollido
artesanalmente como fai o Grupo Salina San Vicente é menos salado, máis
sabroso e máis saludable que os sales de industriais ou de mina.
A páxina da empresa pode consultarse en: https://ecosal.es/index.php
É probabel que no futuro se adquira só a granel para reducir custos e envasado.
Etiquetas:
ecosal,
grupo salina,
sal,
sal gris,
sal maldon,
sal mariño,
san vicente,
vegano
venres, 9 de febreiro de 2018
Nova produtora: lácteos La Presa.
Despois de varios
problemas para poder conseguir un aprovisionamento regular e
ecolóxico de productos lácteos variados, vanse facer pedidos de
proba a La Presa, empresa familiar de Zamora que os produce con leite
de cabra. Consideramos que a súa filosofía de produción e consumo
é compatíbel coa nosa propia, de xeito que augúranse bos
resultados.
La Presa asegura a
adecuada alimentación das súas cabras mediante pastos e cultivos
naturais e a seguridade e hixiene do proceso de muxido, dando lugar a
productos de gran calidade e valor ecolóxico.
Podedes consultar a súa información publicitaria en
http://quesoslapresa.com
Non obstante, debido á pequena produción da empresa e a súa lonxana localización pode que parte dos seus produtos se esgoten antes do seguinte pedido.
Os
produtos que ofrecen son:
•
Queixo curado
•
Queixo pasta
branda
•
Queixo de untar
•
Queixo fresco
•
Iogur natural
•
Requeixo
•
Callada
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)