luns, 13 de febreiro de 2017

COLABORACIÓN CON RIBEIREGAS



Coméntannos as nosas  produtoras Ribeiregas, sobre a produción de zume de kiwi, que precisan dunha prensa específica para facer os seus zumes, pero non poden, neste momento, facer fronte ao pago. Pareceunos moi boa idea colaborar con elas , e tras ser estudado o tema polo grupo económico, Zocamiñoca fíxolles un préstamo para a compra da prensa, como adianto a provedores, a descontar nas vindeiras facturas.
¡Gústanos poder colaborar no desenrolo do rural, e gústannos tamén os boísimos zumes das Ribeiregas! Podes coñecelas mellor visitando a súa web:



domingo, 12 de febreiro de 2017

MARMELADAS DE CARABUÑAS


Xa levabamos tempo detrás das marmeladas de Carabuñas  e por fin témolas no local.
Nelson, de Carabuñas,  dinos que a marmelada de sabugueiro é a que máis éxito ten, e tamén a que máis os caracteriza.
A de sabugueiro con laranxa amarga dálle un toque moi interesante.
E para os mais larpeiros, está  a de sabugueiro con marmelo.
Aquí tedes o enlace á súa completísima  páxina, que fala do seu proxecto, das propiedades do sabugueiro e de todos os seus produtos. http://carabunhas.com/






PROPOSTA PARA A DISTRIBUCIÓN DE COGOMELOS SILVESTRES


No grupo de produtoras acordamos establecer unhas directrices básicas para a distribución de cogomelos silvestres na nosa cooperativa.

 Esperamos que con estas pautas, que trasladamos aos nosos produtores, podamos garantir que este delicado produto estea ben controlado e  nas mellores condicións.