Coméntannos
as nosas produtoras Ribeiregas, sobre a
produción de zume de kiwi, que precisan dunha prensa específica para facer os
seus zumes, pero non poden, neste momento, facer fronte ao pago. Pareceunos moi
boa idea colaborar con elas , e tras ser estudado o tema polo grupo económico,
Zocamiñoca fíxolles un préstamo para a compra da prensa, como adianto a
provedores, a descontar nas vindeiras facturas.
¡Gústanos poder colaborar no desenrolo do
rural, e gústannos tamén os boísimos zumes das Ribeiregas! Podes coñecelas
mellor visitando a súa web: