PROTOCOLO COGOMELOS


Proposta para a distribución de cogumelos silvestres


Acordouse, en reunión de produtoras do pasado mércores 16 de novembro, establecer unhas directrices básicas para a distribución de cogumelos silvestres no local da cooperativa.
Tómase como base o Real decreto 30/2009, do 16 de xaneiro, polo que se establecen as condicións sanitarias para a comercialización de cogomelos para uso alimentario.

As medidas que propoñemos son as seguintes:

1. Limitar o número de especies que consumir. Propoñemos unha listaxe de especies atendendo ao que indica o RD, ao gusto das consumidoras e e á facilidade de conseguilas. A decisión de incluír ou eliminar algunha especie da lista terá que tomarse en reunión co grupo de produtoras. As especies permitidas son:
- Boletus edulis, Boletus pinophilus
- Cantharellus cibarius (cantarelas)
- Hydnum repandum (língua de vaca)
- Lactarius deliciosus (níscalos)
- Xerocomus badius

2. Idenfificación das especies. Incluiráse xunto a cada especie unha etiqueta onde aparezan perfectamente identificados os cogumelos, tanto con xénero e especie como co seu nome popular (este último non obrigatorio).

3. Embase separado. Tal e como se indica no RD non se poderán presentar mesturas de especies no mesmo embase ou soporte.

4. Estado de conservación óptimo. Os cogumelos deben estar en perfectas condicións de conservación.

5. Limpeza. Os cogumelos estarán exentos de materias estrañas adheridas á súa superficie, distintas da terra de coberteira que non puidese ser eliminada mediante unha limpeza groseira.


Con estas medidas pretendemos garantir a seguridade de socias consumidoras, mellorar a calidade do produto, proporcionar mais información e afianzar a confianza de todos os socios e socias nas produtoras que traballan coa cooperativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario