Estos criterios pretendemos que sexan consensuados entre produtoras e socias, para ter en conta por unha banda, a demanda de calidade das socias e por outra, a experiencia e as dificultades que poidan atopar as produtoras.
A idea e comenzar reunindo información para elaborar un documento de partida, e despois reunirnos coas agricultoras e traballar sobre el.
CALIDADE DAS VERDURAS
E HORTALIZAS:
PROPOSTA PARA A TEMPADA PRIMAVERA
VERÁN
Requisitos
mínimos de calidade comúns e xerais
En xeral os produtos deben presentarse con aspecto
fresco, estar sans, enteiros, sen podremia nin outras alteracións que os fagan
impropios para o seu consumo.
Limpos, practicamente exentos de materias
estrañas visibles.
Practicamente exentos de pragas e de danos
causados polas mesmas.
Exentos dun grao anormal de humidade
exterior.
Exentos de olores e sabores estraños.
Deben presentar un desenvolvemento e estado
tales que lles permitan resistir o transporte e a manipulación para chegar en
condicións satisfactorias ao local de Zocamiñoca. Ou recén
recollidos(dependendo do produto)
Cabaciña
(Calabacín).
O tamaño de medida non ten que ser nin pequeno nin
grande (22-35cm. aprox) e non debe estar moi torcido.
Debe estar provisto de pedúnculo ,sen cavidades nin
gretas, nun estado de desenvolvemento suficiente, antes de que as súas sementes
adquiran firmeza.
Pode ter lixeiros defectos de forma, de cor o de
enfermidades sempre e cando non afecten á carne.
Cogombro (Pepino).
Estar firme. Desenvolvemento suficiente, pero deben
ter as sementes tenras. Tamaño de 20 o 25 cm, segundo a variedade , sen
ocos. Bastante rectos e que non estea amarelento.
Poden estar lixeiramente curvados, ou ter lixeiros
defectos de cor ou deformacións que non sexan debidas a un desenvolvemento
avanzado das sementes.
Leituga
O tamaño non é moi importante, pero no caso de que
sexan pequenas venderanse 2x1.
Coidar a podremia e que teñan un aspecto fresco ,non
espigados,
e desprovistos de humidade exterior anormal.
As raíces deberán retirarse cun corte limpo a ras das
últimas follas.
Cenorias
Teñen que ter un tamaño mediano, estar limpas de terra
e non presentar fendas grandes. De aspecto fresco, admítese unha pequena zona
de cor verde ou púrpura na parte superior .
Toleraranse
feridas cicatrizadas sempre que non alcancen ao corazón
Espinaca (feixe de 200 gr)
Pode presentarse a mata enteira ou desfollada
As follas deben ser enteiras, con cor e aspecto
normais, tendo en conta a variedade e a época de recolleita.
Admítense pequenos danos que non afecten a súa
comestibilidade.
Tomate
Firmeza e dureza axeitada segundo o tipo
Non poderán presentar gretas sen cicatrizar.
Sempre que conserven as súas características esenciais
de calidade, conservación e presentación estes tomates poderán ter defectos de
forma, de desenvolvemento e de coración ,sen padecer podremia.
Ofertar variedades que teñan sabor.
Estableceranse varios tipos:
-normal
-para salsa : tomates maduros pero enteiros e en
bo estado, no presenten negreces nin mofo.
- Cherris ( amarelo, vermello)
Pataca
Deben estar sas, exterior e interiormente, sen
humidade, nin enverdecemento. Co aspecto característico de cada variedade.
Que presenten poucos danos, mazaduras, picaduras,
xerminacións ou restos de terra
Acelga
Pode presentarse en;
Follas soltas seleccionadas con tamaño independente,
penca intermedia .
O en cogollos enteiros.
Deben ter aspecto fresco, bastante limpo. Admítense
pequenos danos físicos
Allo
Calibre non demasiado pequeno. Exentos de podremia e
sen gromos ou xermolos
Berenxena
Desenvolvemento suficiente, sen que a carne sexa
fibrosa ou leñosa, e sen un desenvolvemento excesivo das sementes. Colleitala
no punto óptimo(xusto antes da formación das sementes para que non amargue) que
depende da variedade
Folla de peciolo tenro e non seco.
Pemento
Que estean no punto de madurez axeitado e con
pedúnculo . Aspecto e tamaño en función da variedade.
Permítense pequenos defectos de danos causados pola
xeada ou queimaduras do sol.
Exento de feridas sen cicatrizar.
Xudías
Deberán ser tenras, as sementes non excesivamente
desenvolvidas e razoablemente tenras.
Poderán presentar fíos tenros, defectos de
malformación ou coloración, que non prexudiquen a calidade.
Cebolas
Poden ser secas ou tenras
Coa capa exterior e o talo suficientemente desecados
para as cebolas secas
Sen síntomas externos de xerminación
Limpa de terra e follas secas.
Espárragos
Firme, non murcho e non demasiado espigado, debe poder
utilizarse máis da metade do espárrago. Non debe superar os 20 cm.
.
Remolacha
Sen espigar, tamaño …………….., enteira
Faba tenra
Tersa e non demasiado granada. Non son fabas secas,
hai que tratala como legume tenra, a vaina ten que estar de cor verde intenso e
non murcha ou amarelenta. Ten que poderse notar o gran.
Chícharo/ Guisante
As vainas deben estar
frescas e turxentes. Poden presentar lixeiros danos superficiais que no cheguen a afectar aos grans. Deben
conter ao menos tres grans.
Os grans deben estar
tenros, xugosos e non fariñentos.
Os grans demasiado maduros deben ser excluídos.
Tirabeques
Collidos antes de que se formen os grans e se volvan
fibrosos.
Alletes
O talo presentarase en verde e a película
exterior do bulbo presentarse en estado fresco. Que non chegue a formarse o
gran.
Amorodos
Enteiros e sen danar, de aspecto fresco pero sen
lavar, provistos de cáliz, madurados na planta. Preferiblemente recollidos
antes de que o sol quente demasiado.
OVOS
Cáscara limpa, sen fisuras ni roturas. Limpos pero non
lavados.
En casa:
Gardalos no frigorífico entre 1 y 10 ºC. O
abrilo distínguense dúas zonas: unha mais densa e outra menos, sen chegar
a ser líquida. Xema firme e centrada sobre a parte densa da clara.(fonte:
INPROVO).
Ningún comentario:
Publicar un comentario