Despois de varios
problemas para poder conseguir un aprovisionamento regular e
ecolóxico de productos lácteos variados, vanse facer pedidos de
proba a La Presa, empresa familiar de Zamora que os produce con leite
de cabra. Consideramos que a súa filosofía de produción e consumo
é compatíbel coa nosa propia, de xeito que augúranse bos
resultados.
La Presa asegura a
adecuada alimentación das súas cabras mediante pastos e cultivos
naturais e a seguridade e hixiene do proceso de muxido, dando lugar a
productos de gran calidade e valor ecolóxico.
Podedes consultar a súa información publicitaria en
http://quesoslapresa.com
Non obstante, debido á pequena produción da empresa e a súa lonxana localización pode que parte dos seus produtos se esgoten antes do seguinte pedido.
Os
produtos que ofrecen son:
•
Queixo curado
•
Queixo pasta
branda
•
Queixo de untar
•
Queixo fresco
•
Iogur natural
•
Requeixo
•
Callada
