Ten unha nave para as galiñas, cos poñedoiros ,e unha extensión ao redor, na que vai rotando as parcelas de maneira que as galiñas saen “ao recreo” sempre no campo que ten herba.

Contounos moitos dos seus "truquiños" para ter unhas galiñas tan ben educadas, como o de poñer o radio para que non o escoiten chegar e se tropiquen por saír as primeiras, ou o "ovo de xoguete" co que collen o hábito de facer a posta no poñedoiro.
Mais aló, vemos os campos onde cultiva el mesmo o millo e o trigo ecolóxico, que aboa co esterco das galiñas, ¡aquí nada se desperdicia! A metade da alimentación que toman prodúcese na mesma granxa, e quere chegar ao 100% para autoabastecerse. O penso ecolóxico co que complementa a súa alimentación é da composición que el elixe para que a dieta das galiñas sexa balanceada.
Tamén estivemos nos seus alpendres onde garda a maquinaria agrícola e todas as ferramentas.
Aquí vemos o seu obrador,onde clasifica, sela e almacena os ovos....
Encantounos o seu particular “megahórreo” que adaptou para gardar o millo, do que fora anteriormente unha nave para coellos.

E o que nos quedou moi claro, é que non todos os ovos son iguais....mirade o que pon a galiña que el chama cariñosamente "A Artista"....¡isto si que é ter talento! ¿Contaxiaríallo o seu dono?










Ningún comentario:
Publicar un comentario