luns, 8 de maio de 2017

VISITA A ARQUEIXAL

Nunha das actividades desta finde zocamiñoqueira pola Ulloa organizada por Pancho, tivemos o gusto de visitar a granxa Arqueixal. Alí recibiunos José Luis, que nos abriu as portas da súa granxa, do seu faladoiro e dos seus proxectos.

Para os que non estivéchedes, este é Jose Luis , e falounos destas cousas:



E como levabamos unha chea de pequenos, José Luis fixoos protagonistas, e explicounos o proxecto Arqueixal co "xogo das 4 cuncas". Preparou catro cuncas das que utiliza para elaborar o queixo, con  herba fresca, sal, arxila e centeo que representan os catro piares do seu proxecto (a gandairía ecolóxica, a elaboración do queixo,a  bioconstrucción e a experiencia do rural)




Repartiunas entre os rapaces cos seus respectivos pergaminos  e.....¡mirade canto aprendimos!



Tamén falounos de Son d´aldea, actividade dinamizadora da cultura do rural que levan uns anos facendo na Ulloa
 http://sondaldea.galiciasustentable.org/

Especialmente emotivo foi cando nos mostrou un fermoso video en homenaxe a súa nai, da que tanto aprendeu, no que se mostraba como ela preparaba o queixo.

 

E antes de marchar, aínda tivemos que axudar a gardar as vacas....





(Unha reprimenda para o cámara, que titulou o video "Zocaurbanitas no Far West", por non captar todo o traballo colaborativo que fixeron os do fondo.)


Deixamos aquí uns enlaces para que coñezades mellor o seu proxecto
  http://www.arqueixal.com/


E a súa granxa
  http://www.arqueixal.com/filosofia.htm

domingo, 26 de marzo de 2017

PEIXE FRESCO

No grupo produtoras témonos plantexado o tema do peixe fresco, pero quedou descartado  porque resulta moi complexo telo na cooperativa polas particularidades do produto. Pero para "encher ese oco" parécenos interesante compartir coas que sexades consumidoras de peixe este vídeo de Geenpeace que nos aconsella como mercar peixe de xeito sostible.


Tamén parécenos interesante a aplicación ou web que puxeron en marcha, onde consultar cada mes o peixe que está de tempada.

http://www.pescadodetemporada.org/