mércores, 14 de febreiro de 2018

Nova produtora de sal mariño ecolóxico.

Dende hai uns meses pasamos por certos problemas co suministro de sal, ocasión que se aproveitou para investigar máis opcións á hora de traer este tipo de produto, pois non hai un só. Encargámonos, tras contactar con diversos grupos de produtoras, de comparalos e escoller o que mellor se axusta aos estándares da cooperativa: o sal mariño proporcionado polo Grupo Salina San Vicente, que distribúe sal ecolóxico.  Escolleuse esta porque outras produtoras ou son do extranacionais, ou producía sal de interior (menos sá e nutritivo que o mariño)

En 2011 recoñéceselle como ao sal español máis antiga e tradicional, con menor contido en cloruro sódico e maior en micro e oligoelementos naturais (Mg, K, I, Ca, etc…). Prodúcese exclusivamente nas salinas tradicionais con artes non industriais. Cultivada á maneira tradicional, sen tratamentos químicos, sen anti- apelmazantes, proporciona oligoelementos á dieta como magnesio, calcio ou potasio. Ao conter menos cloruro sódico que os sales non naturais, é menos salgada e máis saborosa. Este sal mariño, contribúe con enormes beneficios ambientais aos espazos naturais onde se produce. No vixente regulamento técnico sanitario ( RTS) publicado no Real Decreto 1634 do 14 de novembro e grazas á súa calidade, outórgaselle o apelido de “Virxe”.
Sal Mariño Virxe: É o sal procedente da evaporación natural da auga do mar, lavada só co mesmo auga que a produce. É obtida exclusivamente pola acción do sol e do vento, recollidas a man sen a adición de ningún ingrediente artificial. Son sales menos salgadas, máis saborosas e máis saudables que os sales de mina (incluída a do Himalaya) ou que as mariñas industriais. Son só comparables ao sal gris francés ou ao sal “tal-cal” portuguesa.

Porque si, hai moitas clases de sal! Fóra do sal mariño tradicional, producido en covas salinas e sen ningún tipo de procesamento, existe o sal Maldon e as escamas de sal, inda que a súa produción non é nada ecolóxica. Tamén está o sal gris de Francia ou o sal rosa das minas do Himalaia. Inda así, coma xa dixemos,  o sal mariño recollido artesanalmente como fai o Grupo Salina San Vicente é menos salado, máis sabroso e máis saludable que os sales de industriais ou de mina.

A páxina da empresa pode consultarse en: https://ecosal.es/index.php

É probabel que no futuro se adquira só a granel para reducir custos e envasado.


venres, 9 de febreiro de 2018

Nova produtora: lácteos La Presa.


Despois de varios problemas para poder conseguir un aprovisionamento regular e ecolóxico de productos lácteos variados, vanse facer pedidos de proba a La Presa, empresa familiar de Zamora que os produce con leite de cabra. Consideramos que a súa filosofía de produción e consumo é compatíbel coa nosa propia, de xeito que augúranse bos resultados.

La Presa asegura a adecuada alimentación das súas cabras mediante pastos e cultivos naturais e a seguridade e hixiene do proceso de muxido, dando lugar a productos de gran calidade e valor ecolóxico.
Podedes consultar a súa información publicitaria en http://quesoslapresa.com

Non obstante, debido á pequena produción da empresa e a súa lonxana localización pode que parte dos seus produtos se esgoten antes do seguinte pedido.

Os produtos que ofrecen son:

    • Queixo curado
    • Queixo pasta branda
    • Queixo de untar
    • Queixo fresco
    • Iogur natural
    • Requeixo
    • Callada
    • Leite crú ou pasteurizado

xoves, 11 de maio de 2017

Próximamente poderemos disfrutar dos xeados ecolóxicos The Bio Factory


Elaborados en Galicia, con ingredientes km0 na súa maioría, xeados para todos os gustos e necesidades. Dende cremosos xeados de fruta ou chocolate sen lactosa, sen glute, sen graxas ou proteínas de orixe animal (veganos), ata xeados de crema de moitísimas variedades. Para que poidas disfrutar coidándote...


Dende A Coruña no seu obradoiro "A Factoría Ecolóxica" elaboran diariamente, con moito cariño, mediante procedementos artesanais e con ingredientes ecolóxicos, e na súa maioría locais, xeados de produción ecolóxica, certificados polo CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).







luns, 8 de maio de 2017

VISITA A ARQUEIXAL

Nunha das actividades desta finde zocamiñoqueira pola Ulloa organizada por Pancho, tivemos o gusto de visitar a granxa Arqueixal. Alí recibiunos José Luis, que nos abriu as portas da súa granxa, do seu faladoiro e dos seus proxectos.

Para os que non estivéchedes, este é Jose Luis , e falounos destas cousas:



E como levabamos unha chea de pequenos, José Luis fixoos protagonistas, e explicounos o proxecto Arqueixal co "xogo das 4 cuncas". Preparou catro cuncas das que utiliza para elaborar o queixo, con  herba fresca, sal, arxila e centeo que representan os catro piares do seu proxecto (a gandairía ecolóxica, a elaboración do queixo,a  bioconstrucción e a experiencia do rural)




Repartiunas entre os rapaces cos seus respectivos pergaminos  e.....¡mirade canto aprendimos!



Tamén falounos de Son d´aldea, actividade dinamizadora da cultura do rural que levan uns anos facendo na Ulloa
 http://sondaldea.galiciasustentable.org/

Especialmente emotivo foi cando nos mostrou un fermoso video en homenaxe a súa nai, da que tanto aprendeu, no que se mostraba como ela preparaba o queixo.

 

E antes de marchar, aínda tivemos que axudar a gardar as vacas....





(Unha reprimenda para o cámara, que titulou o video "Zocaurbanitas no Far West", por non captar todo o traballo colaborativo que fixeron os do fondo.)


Deixamos aquí uns enlaces para que coñezades mellor o seu proxecto
  http://www.arqueixal.com/


E a súa granxa
  http://www.arqueixal.com/filosofia.htm